miércoles, 22 de abril de 2020

Bos días a todos,

Hoxe teño a sorte de poder colgar no blogue un vídeo que me fixo moitísima ilusión recibir.

Como sempre digo sodes unha gran lección de vida para min. Ver a vosa capacidade para:

  • seguir unidos a pesar das distancias
  • sacarlle o lado positivo de todas as situacións
  • botarlle imaxinación e inxenio 
  • ¡seguir con forza e enerxía positiva!
Moitas gracias por esta mostra tan sinxela de como unidos podemos facer cousas moi grandes e sentirnos todos máis cerca. 



Para ver o voso vídeo premede na imaxe.



"Elige ser optimista se siente mejor"

Dalai Lama

martes, 21 de abril de 2020

Bos días,

Hoxe tiña ganas de compartir con vós un corto que nos mandaron esta semana e que nos gustou moito.

A min xa sabedes que me gusta moitísimo a música e bailar... Creo que a música cura moitas penas, axuda a facernos sentir mellor, e sobretodo nos une. Nestes días nos que nos sentimos aillados creo que é unha maneira moi bonita de mandarvos unha pisca de enerxía positiva!



Un abrazo grande.

martes, 14 de abril de 2020

Unha publicación un tanto especial....

Boas tardes a tod@s,

Levaba moito tempo querendo falar con vós, a miña idea era ir a facervos unha visita ao colexio para intentar explicarvos un pouquiño o que me pasou este tempo que non estiven con vós...

Mais as veces suceden cousas inesperadas, cousas coma este virus que de pronto nos ten encerrados nas casas e que nos fan pensar en todas estas cousas que tiñamos que ter feito antes.... por sorte recibin un correo electrónico que me alegrou e me fixo lembrar que tiñamos un blog desde o cal podería comunicarme con vós e podería aportarvos quizás o meu granciño de area nestes momentos de confinamento...

Así que dende aquí quérovos mandar un agarimosa aperta aínda que só sexa virtual, agardando poder darvos unha aperta longa e de verdade!!!


Bótovos moitísimo de menos chic@s! Ensinádesme que o importante a vida non son as cousas que che pasan senon a actitude que tomas frente a elas.

Así que aqui vos irei deixando algunhas cousas para ir motivándovos nestes días nos que non  podemos sair da casa maís eso non nos ten porque impedir pasalo en grande verdade?


Para empezar.... pois como faciamos en clase... A BAILAR non? Aí vos deixo a miña proposta e  se vos animades a facer o voso baile e queredes que o suba ao blogue non dubidedes en mandarmo ao correo!



miércoles, 13 de noviembre de 2019

Boas tardes familias,

É increíble o rápido que pasa o tempo non? Parece ser que o tempo é relativo... Pois eu cada día teño máis presente a relatividade do tempo xa que as mañás pasan voando con estes rapaces.

Estes días ademáis andamos coa reapertura da aula creativa, hoxe acompañamos aos afillados a coñecela,  e cos preparativos do magosto... Non pararon nin un minutiño.

É moi bonito ver con que delicadez tratan aos seus afillados, con que ilusión axudan e acompañan en todo momento a cada un deles, sabendo lidiar con cada situación. Gracias pola vosa xenerosidade chic@s.

Déixovos con outro vídeo de traballos feitos no clase.

Disfrutade!







sábado, 2 de noviembre de 2019

DÍAS EN FAMILIA

Días en familia
Días de xogos
Días de xuntanzas
Días de choiva, castañas, lareiras...
Días de desconexión e reconexión
Días de katiuskas, paseos e follas de cores


E se vos queda un ratiño... aquí queda este vídeo.




Déixovos cunha frase de María Montessori


domingo, 27 de octubre de 2019


VENDIMIA COS AFILLADOS


A semana pasada os nosos afillados fixeron a vendimia e como necesitaban axuda para pisar a uva pedíronos que lles botaramos unha man. 

Pasámolo moi ben acompañando aos nosos afillados a descalzarse, a lavar os pés e a pisar a uva. 
E nós tamén quixemos probar como é iso de pisar a uva... Que sensación!



domingo, 20 de octubre de 2019

Bailamos?

Bos días familias!

Xa sabedes que este curo a temática principal do Colexio é : "Do, re, mi, bailamos porque si!". Pois nós decidimos que iamos poñelo en práctica e empezamos o día bailando.

Aí vai un vídeo destas últimas semanas. Disfrutádeo!